O BNG da Estrada insta ao goberno municipal a ampliar as prazas do campus do mes de agosto


Non é de recibo que todos os anos queden nenos e nenas sen poder participar nos campus de verán do concello, o que indica que hai mala fe e poucas ganas de proporcionar un servizo moi demandado

cartel_campus_veran2017.jpgXa é todo un clásico da tempada primavera-verán, o concello esgota as prazas dos campus de verán en menos dunha hora, deixando a centos de nenos e nenas sen praza. Mais no goberno municipal non dan aprendido.

Un ano pode ser mala planificación e previsión, pero que isto ocorra todos os anos reflicte que hai mala fe e poucas ganas de proporcionar un servizo moi demandado todos os veráns, e que para moitas nais e pais é vital para conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións estivais.

Instamos ao goberno municipal a ampliar as praza dispoñíbeis para os campus do mes de agosto, cuxas prazas se porán a disposición das familiar ao longo do mes de xullo. Non é de recibo que haxa que pasar case toda a noite a intemperie e facer horas na cola que atravesa toda a praza do concello para conseguir unha praza nos campus de verán. É unha situación terceiromundista.

Advertisements