O problema da fauna salvaxe ten solución, solucionalo é cuestión de vontade política


Instamos ao alcalde da Estrada a implicarse na posta en marcha de medidas preventivas que impidan aos cultivos e ao pago xeneroso e inmediato dos danos causados

Os ataques dos lobos no concello da Estrada, así como as desfeitas causadas polos xabaríns nos cultivos está a causar unha grande alama social entre os veciños e veciñas da Estrada, especialmente entre as persoas que viven da agricultura e a gandería.

Reses mortas polos ataques dos lobos, leiras plantadas con millo levantadas ás poucas horas polos xabaríns, … Son problemas que están causando auténticos estragos e a Xunta debe comprometerse para buscar unha solución.

Neste sentido o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, insta ao alcalde a implicarse con esta problemática que provoca ano tras ano cuantiosas perdas económicas entre os agricultores e agricultoras.

No BNG somos moi sensibles á situación que preocupa ás nosas gandeiras e gandeiros con relación aos danos que causa a fauna salvaxe, e non nos casaremos de reclamar á Xunta solucións que favorezan a convivencia do gando co lobo e o xabarín.

Por iso avogamos pola posta en marcha de recursos para medidas preventivas que impidan o achegamento da fauna salvaxe aos cultivos, así como o pago xeneroso e inmediato de danos, e en impulsar a concienciación e sensibilización entre a poboación; actuacións lóxicas que até o de agora teñen fracasado pola desidia da Xunta en abordar responsabelmente este problema, así como a política agro-gandeira que está levando ao medio rural á ruína.

A Xunta ten leis e medios suficientes para poñer enriba da mesa solucións e o alcalde da Estrada debe responsabilizarse e botar unha man aos veciños e veciñas afectados. O problema da fauna salvaxe ten solución, só é cuestión de vontade política solucionalo.