As responsabilidades políticas do alcalde non desaparecen coa excedencia de Failde


failde-co-alcalde-e-rueda

O alcalde con Alfonso Rueda e Carlos Failde

Para o BNG da Estrada Carlos Failde pode desaparecer da escena pública, pero con iso non desaparecen a responsabilidades políticas do alcalde no Caso Failde, xa que foi o responsábel do seu nomeamento e era coñecedor dos seus negocios co concello e a Xunta.

Como indicou o noso concelleiro, Xosé Magariños, no pleno da pasada semana, non entramos a valorar se as adxucicacións á empresa de Failde cumpriron e legalidade vixente ou non, tendo en conta o seu status, iso é algo que terá que dicir o xulgado, mais do que si estamos seguros é de que este comportamento non é ético e o alcalde é o responsábel político de todo isto.

En todo caso, a decisión de Failde de solicitar a excedencia no concello demostra que o alcalde estaba contra as cordas e o PP local prefire sacrificar un peón para salvar o rei, por mor dun caso que ten ramificacións máis alá da administración local.

Mais o Caso Failde pode ser só a punta do iceberg vendo as adxudicacións a dedo do goberno de López no ano 2016. Tal como denunciamos a pasada semana, o montante das adxudicacións por obras, subministros e servizos do concello ascenderon a 2.280.959,76 €, o 71,4% do total. Como xa dixemos, o recurso ao procedemento de negociado sen publicidade e á adxudicación directa pode ser legal, pero tamén cumprían a lei as adxudicacións da Gürtel, pero iso non impediu que até o propio PP teña que dar contas perante a xustiza dun presunto caso de financiamento ilegal.

Advertisements