O BNG pide que o Consello Económico e Social consensue as infraestruturas que necesita o concello da Estrada


O BNG da Estrada vén de rexistrar un escrito para que na orde do día do próximo Consello Económico Social haxa un punto para poñer en común as prioridades en infraestruturas viarias do concello.

Desde o BNG entendemos que é no Consello Económico e Social onde se teñen que debater asuntos deste calado xa que neste foro teñen representación non só todos os partidos políticos, senón tamén entidades sectoriais, como ACOE, ACE, así como os sindicatos. Con esta idea, xurdida na reunión do BNG coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios que tivo lugar o pasado mes de maio, pretendemos que se consensuen as prioridades en materia de infraestruturas que necesita o concello da Estrada para dinamizarse social e economicamente.

Entendemos que a Estrada ten unha carencia importante en infraestruturas, cuxa construción se vén adiando desde hai anos (por exemplo a Variante), e consideramos que unha fronte común de todas e todas permitirá acadar os obxectivos que desde distintos sectores se veñen demandando reiteradamente.

Advertisements