O BNG denuncia as deficiencias na recollida do lixo, tanto na vila como no rural


5a39396c-c2dc-4fda-856a-fd5f3b2f11d6O BNG fai visibles as dificultades coas que se atopa a veciñanza da Estrada para depositar o seu lixo, tanto na vila como nos núcleos do rural.

Por un lado compróbase que os contedores existentes non son suficientes para o volume de lixo xerado e por outro directamente non existen, como é o caso dos contedores de recollida de plásticos, en moitos lugares.

O BNG insta ó goberno municipal do PP a que faga coa urxencia que require o asunto un estudo que aporte os datos necesarios para arranxar este problema, problema que ademais conleva un impacto social moi negativo, tendo en conta ademais dos problemas de salubridade, o impacto pouco decoroso que pode ter nos visitantes que poidan vir á Estrada neste tempo de verán.

O problema da falla de contedores de plástico nalgúns lugares do rural significa segundo o BNG un argumento antipedagóxico máis cara un medio ambiente xa moi maltratado.

O BNG coida que o goberno do sr. López débelle dar solución a este problema xa.

Por outra parte, o BNG da Estrada insta tamén ao goberno municipal a darlle un lavado aos contedores, xa que coa calor desprenden un cheiro nauseabundo, claramente perceptíbel, por mor das calor do verán.