A Lei de Depredación de Galiza é un perigo para o Ulla e para Galiza


IMG_20171010_211036

Acto sobre a mina de Touro

A deputada Noa Presas alertou hoxe no acto que organizou o BNG da Estrada sobre as consecuencias da mina de Touro sobre o Ulla, que “se o goberno da Xunta aproba a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, coñecida como Lei de Depredación de Galiza, modificará discrecionalmente moitas leis como a da minería, o sector eólico, a lei de augas, a da conservación da natureza e a lei de solo para beneficiar proxectos industrias que non beneficiarán a Galiza”.

Neste sentido, a deputada do BNG, afirmou que “o proxecto da mina de Touro é un exemplo dos moitos que se poden poñer en marcha, prexudicando gravemente o medio ambiente en concas como a do Ulla vinculadas á pesca, turismo e mesmo o viticultura”.

A parlamentaria cualificou esta Lei como “a propia dun país colonizado” e alertou das posibles modificacións que o PP pretende introducir noutros textos lexislativos para que a lei de implantación industrial sexa utilizada polas empresas como “cabalo de Troia para facer o que que lles dea a gana”, e será o salvoconduto para “Elnosa, Ence ou para que o Porto de Cabral sexa un centro comercial en vez dun monte comunal, por poñer tres exemplo sobradamente coñecidos e rexeitados socialmente”.

A deputada nacionalista pide a retirada da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, que se tramita por urxencia no Parlamento Galego.

Advertisements