En plena vaga de seca e calor o PP rescinde os contratos do servizo de extinción


O BNG insta ao PP a reflexionar sobre as consecuencias desastrosas das súa política forestal que se asenta en dúas patas: a negocio do lume e ENCE

22489989_10154740394261780_501940521879008005_nA vila da Estrada amañeceu hoxe inundada inundada de muxicas e cheirando a fume, síntomas inequívocos de que perto do casco, no noso concello, está ardendo. Non arde de casualidade; arde porque hai unha persoa sen escrúpulos que prende lume sen ter en conta as consecuencias para o medio ambiente e para a seguranza das persoas. Mais tamén arde porque temos os xestores públicos do PP, tanto no concello como na Xunta, son uns auténticos irresponsábeis.

O tempo seco que estamos experimentando nos últimos meses, algo que é recorrente nos últimos anos, debería facer reflexionar ao PP para manter intacto a estas alturas o servizo de extinción de incendios. Non é así. A estas alturas os condutores das motobombas do concello hai días que expirou o seu contrato, un servizo que se ten que suplir co GES. E nos vindeiros días tamén remata o contrato das brigadas. E mentres tanto, os incendios avanzan sen control pola irresponsabilidade do Partido Popular.

O PP aplica unha política forestal aséntase en dúas patas, o negocio do lume e ENCE, obviando as múltiples posibilidades que ten o monte galego. Un exemplo vémolo na Estrada onde contamos cunha importante industria de transformación pero que non pode nutrirse da materia prima que precisa nos montes próximos aínda que teñen unas condicións moi boas para producir madeira de calidade en pouco tempo. O que falta é unha política forestal que prime o monte como xerador de riqueza a través dos seus produtos e non como xerador de negocio para o lume e para ENCE, que está converter Galiza nunha enorme eucalipteira, que como todos sabemos ten un alto potencial pirófito.

Por todo isto, desde o BNG da Estrada instamos ao Partido Popular a reflexionar seriamente sobre a política forestal que está a executar desde a Xunta de Galiza, unha política que nos empobrece e que nos leva ao desastre medio ambiental.