Esixímoslle ao alcalde que deixe de bailar a danza da choiva e acometa dunha vez a limpeza dos contedores do lixo


5a39396c-c2dc-4fda-856a-fd5f3b2f11d6O PP da Estrada, ao igual que fai o PP de Feijóo, agarda que a choiva solucione todos os problemas. Sen embargo, a choiva pode apagar os incendios, pero non soluciona os problemas estruturais da política forestal do PP ,que é un auténtico suicido.

O PP da Estrada tamén agarda a choiva como auga de maio para tapar os cheiros do contedores do lixo. Mais é tal o mal estado destes, con lixo amoreado durante días, que nin a auga logra suavizar o que todos os veciños e veciñas perciben ao ir a depositar o lixo.

Desde o BNG da Estrada esixímoslle ao alcalde que deixe de bailar a danza da choiva e acometa dunha vez a limpeza dos contedores do lixo, que ademais do malestar que producen polo cheiro que desprenden, é un problema de saúde pública.

Por outra parte, queremos reiterar unha vez máis o pésimo servizo de recollida do lixo no rural, un tema recorrente que manifesta que estamos ante un goberno municipal inútil e incapaz de solucionar os problema dos veciños e veciñas.