COMUNICADO DO BNG DA ESTRADA A RESPECTO DOS ABUSOS SEXUAIS A UNHA MOZA NAS MARXES DA DISCOTECA LENNON


boundary-statements-and-addictionDesde o BNG da Estrada condenamos enerxicamente os abusos sufridos por unha moza por parte de 10 mozos nas inmediacións da Discoteca Lennon o pasado 9 de decembro, suceso que se deu a coñecer no día de hoxe, logo de que transcendera a denunciada presentada pola moza.

Vemos con moita preocupación o incremento nos últimos tempos de violencia contra a liberdade sexual das mulleres, en en concreto da violencia que se exerce en grupo, como acontecidos en Pamplona e máis recentemente en Arada de Duero, ambos casos de ampla repercusión mediática

Que feitos tan lamentábeis sucedan tamén no noso concello demostra que desde as distintas administracións non se está a facer o suficiente contra a violencia machista. Á marxe dos minutos de silencio, dos lazos, das mocións… vinculada á conmemoración dunha data, neste caso o 25 de novembro, demostra que a loita contra a violencia machista é cousa de todos os días e en todos os ámbitos.

E neste ámbito, o concello non pode derivar responsabilidades a outras latitudes da administración pública, que a teñen, senón que ten que ser parte activa como administración máis achegada aos veciños e veciñas. Os minutos de silencio contra a violencia machista están ben para concienciar e solidarizarnos coa vítimas e as súas familias, pero non pode ser o único que se faga neste ámbito.

Esiximos a máxima celeridade no esclarecemento dos feitos coa identificación dos agresores e posta a disposición xudicial e a máxima dispoñibilidade de apoio á vítima por parte do concello, ao que lle pedimos que se persone como acusación particular no procedemento. Esiximos unha declaración institucional de tolerancia 0 coas agresións e incrementar os esforzos de loita contra as múltiples formas de agresión contra das mulleres.

Esiximos tamén aos medios de comunicación que non se dea un trato sensacionalista deste caso, que se informe dun xeito rigoroso para non facer unha revitimización da vítima.