O BNG pide no Parlamento o arranxo do perigoso cruce de Baloira que leva a San Xiao de Vea, San Xurxo e Cesures


Cruce de BaloiraDesde o BNG da Estrada consideramos que os veciños e veciñas de San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea e Santo André de Vea, así como os que se dirixen a Cesures, non teñen por que xogarse a vida cruzando os tres carrís da PO-841 (A Estrada-Santiago) en Baloira. Recordemos que este perigoso cruce está no medio dunha longa recta, na que se alcanzan altas velocidades, tanto de baixada como de subida.

Neste cruce xa se rexistraron accidentes de distinta consideración e no BNG entendemos que xa son horas de que a Xunta, titular da PO-841, poña solución a este perigoso despropósito, atendendo así as queixas dos usuarios e usuarias desta vía de acceso a San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santo André de Vea e Cesures.

Neste sentido, desde o BNG da Estrada anunciamos que solicitaremos o arranxo inmediato e urxente deste cruce a través dunha iniciativa no Parlamento Galego, que rexistrará o deputado Luís Bará.

No BNG non entramos a valorar cal sería a solución máis acaida, xa que iso é unha cuestión técnica que terá decidir a Xunta, mais a ninguén se lle escapa que unha boa solución sería un paso subterráneo que permitirá atravesar a PO-841 sen medo e sen que os veciños e veciñas da Estrada se teñan que xogar a vida para chegar ás súas casas.

Cruce de Baloira 2

Advertisements