A empresa ERIMSA sigue a facer o que lle dá a gana en San Miguel de Castro


Camiño público invadido por ERIMSAO BNG da Estrada insta por enésima vez ao alcalde a que exerza o seu cargo e restitúa á veciñanza do lugar de castelo, na parroquia de San Miguel de Castro, os seus dereitos de paso polo camiño público do lugar

Os veciños e veciñas deste lugar seguen comprobando que as fins de semana non poden acceder ás súas propiedades xa que a empresa de áridos ERIMSA segue a pechar con bloques de pedra e cúmulos de material o camiño público polo que teñen que transitar para acceder a algunhas das súas parcelas.

O BNG no seu día xa presentou un rogo en Pleno para que se subsanase esta irregularidade que provoca prexuízos aos propietarios.

Disto xa pasaron varios meses pero compróbase que o goberno do Sr. López nada fixo para restituírlles a estes veciños os seus dereitos, a pesar dos seus anuncios de reunións e e contactos con ERIMSA.

Por este motivo, unha vez mais, o BNG reitéralle ao alcalde a súa obriga de exercer como tal e tomar as medidas oportunas para que isto deixe de ocorrer e os veciños e veciñas poidan facer uso normal dese camiño público, como lles corresponde por dereito.

Así mesmo o BNG tamén insta ó goberno municipal a que faga as comprobacións oportunas para ver se a devandita empresa dispón das licenzas correspondentes para facer a captación de auga no “Rego do Castelo”, xa que a veciñanza comproba que non se deixa discorrer pola presa o caudal mínimo.

Advertisements