O acceso ao espazo do que será o espazo concilia municipal dá noxo e incumpre a normativa


WhatsApp Image 2018-02-19 at 07.40.19Desde o BNG da Estrada instamos ao alcalde a mellorar a salubridade antes da súa posta en marcha

O espazo no que se poñerá en funcionamento proximamente o espazo concilia municipal situada no lateral do Novo Mercado está nun estado tan lamentábel, que é impensábel que por esas portas vaian pasar a diario nenas e nenos do noso concello. Suciedade, telas de araña, humidade, pintura desconchada, … é a benvida que recibirán cativ@s de 3 a 12 anos, así como nais e pais, nada máis pisar o recinto do espazo de conciliación familiar do concello da Estrada que estará xestionada por unha empresa privada.

Desde o BNG da Estrada consideramos intolerábel o estado no que se atopa este espazo municipal, cuxo prazo de inscrición dá comezo precisamente hoxe. Non é de recibo que o noso concello dea unha imaxe tan deplorábel, nun espazo que debe servir aos cativos non só para pasar unhas horas ao día, senón para adquirir valores e comportamentos para actuar na sociedade; sen embargo, o aspecto que ten o espazo concilia municipal está nas antípodas do que debería ser un espazo público e, desde logo, disuadiría a calquera nai e pai a enviar os seus cativos a un sitio onde a limpeza brilla pola súa ausencia.

WhatsApp Image 2018-02-19 at 07.40.19(1)Por outra parte, o espazo concilia municipal incumpre o decreto da Xunta de Galiza 354/2003, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos, unha normativa de obrigado cumprimento para empresa que xestionará este servizo segundo os pregos munipais de adxudicación deste servizo. Entre estes requisitos estabelécense que se situarán “preferentemente na planta baixa e ter saída directa de uso exclusivo a unha vía pública ou a un espazo aberto, debendo estar sinalada a prohibición de aparcamento de vehículos diante da porta” (capítulo II, apartado b). Obviamente, como todo o mundo sabe, o espazo conceilia está no primeiro andar, non no baixo como indica o Decreto da Xunta.

Desde o BNG consideramos moi grave a situación do espazo concilia e agardamos do alcalde da Estrada que mellore considerabelmente a situación deste espazo de conciliación laboral e familiar antes da súa posta en marcha, un españzo que debería ser exemplo de pulcritude e salubridade para os cativos e cativas do noso concello, e non todo o contrario, un espazo que dá noxo nada máis entrar.

Por outra parte, desde o BNG instamos ao alcalde da Estrada a que deixe de vender realidade que non son máis que titulares que non son mais ca fume e que non merecen nin o nome que lles pon.

Advertisements