O BNG propón que todas administracións se comprometan co financiamento da Fundación de Exposicións e Congresos


fundación do mobleO concelleiro do BNG, Xosé Magariños, participou hoxe na reunión convocada polo alcalde da Estrada cos traballadores e traballadoras da Fundación de Exposición e Congresos para abordar o futuro da entidade que organiza a Feira do Moble de Galiza.

O concelleiro nacionalista indicou que “a nosa prioridade como xa explicamos recentemente é garantir a organización e celebración da Feira do Moble, unha marca que é referencia en toda Galiza de moble de calidade”. “Neste sentido”, engadiu Xosé Magariños “propuxemos nesta reunión que todas as administracións e entidades con representación no padroado garantan o financiamento necesario a través dun plan quinquenal de financiamento para que a viabilidade da Fundación de Exposicións e Congresos, así como o mantemento dos postos de traballo, sexa unha realidade”.

Temos que recordar que as administracións presentes no padroado son o Concello da Estrada, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza, así como a Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa.

“Con todo”, explicou o concelleiro nacionalista, “seguimos insistindo na necesidade de que se elabora un estudo da situación do sector así como a construción da Cidade do Moble, un polígono público sectorial que sirva de revulsivo para o sector, que xere emprego e sitúe á Estrada no lugar que lle correspondente dentro da industria da madeira do noso país”