Fartas dos incumprimentos do PP en materia de igualdade


40589169862_c6e188bcaa_kAs mulleres esiximos ao concello da Estrada cambios reais, non apoios low-cost

O pleno do concello da Estrada aprobou cos votos de PP, PSOE e Móvete unha moción conxunta en apoio á folga feminista prevista para este xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Hoxe mércores a concelleira de servizos sociais, Amalia Goldar, en declaracións a Radio Estrada despachaba ese apoio á folga de mulleres cun paro de só 15 minutos, cando as centrais sindicais convocantes, entre elas a CIG, teñen previsto varios paros en quendas de 2 horas. Este é o exemplo que dá o grupo de goberno en materia de igualdade e a defensa dos dereitos da muller: mocións que son brindes ao sol e folgas low-cost.

A declaracións da concelleira de servizos sociais deixa claro que o PP da Estrada prefires as poses, no canto de facer un verdadeiro apoio a esta folga de mulleres, que non só atinxe ao ámbito laboral, senón ao de consumo e de coidado. As mulleres queremos demostrar que con se as mulleres paran, tamén para o mundo, e esiximos cambios reais para eliminar a fenda salarial das galegas que no último ano foi do 22,3%, para rachar os teitos de cristais que temos as mulleres en determinados ámbitos, e por suposto, acabar dunha vez coa violencia machista.

Fronte aos cambios reais que esiximos as mulleres non pode haber apoios low-cost por parte dun concello que subscribeu, sobre o papel, a folga de mulleres, a realidade, é que apoia, pero só durante 15 minutos.

Neste sentido, a pesar de non formar parte deste acordo entre PP, PSOE e Móvete, o BNG non subscribirá no sucesivo moción conxunta algunha que atinxa á igualdade. Non queremos máis brindes ao sol. Estamos fartas dos incumprimentos do PP en materia de igualdade.