A Xunta estudará a posibilidade de utilizar o actual ambulatorio para centro de maiores dependentes


Centro de Saúde da Estrada

O Parlamento aprobou hoxe por unanimidade iniciar antes de 2020, co compromiso da Xunta de Galiza, de dotar de prazas públicas suficientes en residencias de maiores dependentes para acoller a demanda presente e futuro na Estrada e na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, comprometéndose coa petición unánime do concello da Estrada da necesidade dunha residencia pública no municipio.

O texto aprobado tamén recolle unha emenda do BNG, defendida pola deputada Montse Prado, que estudará a posibilidade de ubicar a residencia ou o centro de día en edificios públicos existentes, como pode ser o vello centro de saúde, unha vez se poña en funcionamento o novo, xa en fase de licitación por parte da Xunta de Galiza.

Esta proposta partiu a iniciativa do BNG da Estrada que ve con preocupación o probábel abandono dun edificio público, o que afectará negativamente a comercios e á hostalaría da zona onde está ubicado o actual ambulatorio.

Advertisements