O proxecto “Alameda poética infantil” é unha oportunidade para facer algo diferente


Pérgola da Alameda da EstradaDesde o BNG da Estrada agardamos poder discutir e analizar esta proposta da veciñanza, o que demostra unha vez máis que no EDUSI falla a participación social

Desde o BNG da Estrada non vemos con malos ollos a proposta que de converter a Alameda da Estrada nun libro-museo, como veñen de propoñer a través dos medios de comunicación.

Alameda debe ser algo máis que columpios e canchas de fútbol, ten que ser un espazo de lecer para os máis cativos, mais tamén debe ser un espazo para aprender, onde a nosa cultura, o noso patrimonio e os máis pequenos sexan os protagonistas, e, neste sentido, esta propostas de converter a Alameda da Estrada nun gran Libro-Museo é unha proposta interesante

É unha mágoa que as veciñas e veciños teñan que canalizar este tipo de propostas a través da prensa e non a través dun verdadeiro proceso participativo que, en teoría, era o proxecto EDUSI. Mais, como dixemos en reiteradas ocasións ao final é o proxecto dunha consultora, que o PP asume sen apenas modificacións, non é o proxecto social e sustentábel que nos venderon.

Agardamos que o alcalde e o grupo de goberno permitan estudar e analizar esta proposta, que cando menos, é un punto de partida para facer da Alameda un sitio diferente.