O BNG leva de urxencia ao Parlamento a morte do veciño de Vinseiro no PAC da Estrada


Centro de Saúde da EstradaPide ao alcalde que encabece a petición unánime de todos os veciños e veciñas da Estrada para mellorar os servizo de urxencias do ambulatorio

O BNG da Estrada leva de urxencia ao Parlamento Galego, a través da deputada Montse Prado, o falecemento dun veciño no PAC da Estrada. Este home, que acudiu ao servizo de urxencia do ambulatorio o sábado pola tarde, faleceu ao non haber ningún profesional facultativo no centro de saúde. O único médico que había asignado nesa tarde saíra a atender unha urxencia, quedando o PAC sen outro profesional a cargo nunha tarde de intenso calor, segundo indican diversos medios de comunicación.

Para o BNG da Estrada este suceso é consecuencias dos recortes dos PP na sanidade pública. Non é de recibo que un PAC quede sen atender porque o único médico que había no centro de saúde ten que saír fóra a atender unha urxencia. Entendemos que un sucesos deste tipo ten que ter consecuencias políticas. Son decisións políticas as que deixaron o PAC cun só médico a cargo, e terán que ser os cargos do PP os que asuman politicamente as consecuencias duns recortes públicos que queda demostrado que matan.

Desde o BNG trasladaremos ao Parlamento Galego este grave suceso, que, a par de pedir as explicacións pertinentes, esixiremos, a través da deputada Montse Prado, que se diriman responsabilidades políticas.

Os veciños e veciñas da Estrada en xeral están indignados e indignadas por este suceso. Agardamos que o alcalde da Estrada encabece esta indignación e traslade á Xunta de Galiza e ao SERGAS a petición unánime de dotar o PAC da vila de mellores servizos e profesionais suficientes para atender as urxencias e os servizos xerais do ambulatorio. Isto non pode volver a pasar, nin na Estrada nin en ningún concello de Galiza.