A ESTRADA DÁ NOXO POLA FALTA DE LIMPEZA DOS CONTENEDORES DO LIXO


O BNG denuncia o mal cheiro dos contedores do lixo da vila que na mañá de hoxe ten que padecer a veciñanza.

Desde o BNG, xa vimos desde hai tempo instando ó goberno municipal a que se plantee un cambio nos horarios de recollida, axeitándoos por una banda ás condicións de mobilidade da xente, xa que está coincidindo coa volta para a casa ou outros desprazamentos de final da tarde, en moitos casos co coche e, por outra banda, queda unha grande parte do lixo sen recoller xa que a dinámica vital diaria da maioría das familias remata bastante máis tarde.
Por estes motivos, coidamos que moi evidentes, propoñémoslle ó actual goberno do PP que valore os mesmos e que busquen solucións que eviten ou minimicen estes inconvintes que afectan á cidadanía.