O ALCALDE NON PODE FICAR CALADO DIANTE DA ALARMA SOCIAL CREADA POLOS RECORTES PÚBLICOS NA SANIDADE QUE COSTOU A VIDA DUN VECIÑO DA ESTRADA


Desde o BNG consideramos que diante da alarma social a creada polos últimos sucesos acaecidos no servizo médico de urxencias do CENTRO DE SAÚDE, é absolutamente inadmisible que o sr. Alcalde non sexa quen, como representante da veciñanza do seu concello, lidere as accións necesarias para que a cidadanía estea debidamente informada sobre as xestións que está a facer o goberno municipal para que o PAC conte con dous médicos no servizo de urxencias. Os veciños e venciñas teñen que saber que o seu goberno está facendo algo para dar unha solución a esta situación de incerteza e alarma que se manifesta na rúa e nas redes sociais.

Por suposto que desde o BNG non tratamos de rendibilizar politicamente esta problemática, e menos cando hai un falecemento polo medio, pero desde o noso traballo de oposición non podemos pasar páxina diante desta situación de incerteza e preocupacin. A saúde das persoas é o primeiro. Entendemos que o goberno municipal ten que reaccionar xa, esixindo ó goberno do Sr. Núñez Feijóo poñer fin aos recortes na sanidade.