O BNG  ESÍXELLE AO ALCALDE EXPLICACIÓNS SOBRE O EXPEDIENTE ABERTO POLA UE POLAS A DEFICIENCIAS ATOPADAS NOS SANEAMENTOS DE AUGAS RESIDUAIS


O BNG ven de constatar, segundo información aparecida nos medios de comunicación do pasado día oito deste mes, a apertura dun expediente ao goberno do estado español, con ameaza de sanción incluída, para que este achegue informacións requeridas polos órganos comunitarios sobre deficiencias na recollida e tratamento das augas residuais nuns 180 concellos, entre os que se atopa o da Estrada.

Chove sobre mollado. Desde o BNG temos denunciado por activa e por pasiva o mal funcionamento da depuradora e dos saneamentos en xeral. Tema este último que incumple tamén todas as directivas europeas xa que en moitos lugares do noso concello non é que os saneamentos se xestionen mal, é que non existen.
Consideramos desde o BNG que este é un asunto de suma trascendencia dado o seu impacto no medio ambiente, máxime cando se trata dun territorio marcado pola impronta dos seus ríos como xeneradores de riqueza paisaxística e faunística.

A isto hai que sumarlle a condición de territorio rural con un hábitat moi disperso, o que acentúa a absoluta dependencia dunha auga de calidade, dada a dificultade para o servizo municipal de auga a todos os domicilios.
Pero o goberno d PP non está traballando por mellorar e estender o saneamento a todo rural, e para mostra os problemas contractuais e de funcionamento que ven arrastrando a depuradora municipal, e que o BNG vén denunciando desde hai tempo. Ao contrario o PP prefire dilapidar 3 millóns de euros na Alameda.

Esixímoslle polo tanto ao goberno do PP que informe puntualmente do estado de cousas e que se poña xa mans á obra para elaborar un proxecto integral de saneamento para todo o concello que lle dea unha solución definitiva a este problema de grande importancia medioambiental e de saúde pública.

Advertisements