Alegar unha multa non pode supoñer perda de dereitos


O BNG contra a chantaxe da administración

Cando un veciño ou veciña reclama a imposición dunha multa leva asociada a perda do dereito a redución da mesma, polo que se lle está impedindo exercer e seu lexítimo dereito á defensa cando se alegan incorreccións no feito impositivo.

Esta situación leva a que os cidadáns consideren que se lle está a someter a unha “chantaxe” por parte da administración; se a esta circunstancia lle engadimos que o procedemento que se segue na tramitación das sancións de tráfico non obriga a entrega de copia da mesma no momento que se produce a sanción, se non que se lle remite pasando un espazo de tempo considerable (o que fai que moitas veces sexa difícil lembrar o feito que se sanciona), a situación de indefensión dos cidadáns con respecto a administración local é total.

Ante esta situación de indefensión dos veciños e veciñas, o BNG da Estrada presentou unha moción para instar ao goberno municipal a que non se considere o escrito de alegacións como causa da perda do dereito a redución da multa. Tamén insta ao goberno a que se faga a notificación á persoa denunciada mediante entrega da copia do parte da policía local ou deixándoa no vehículo, no caso que o condutor estivese ausente.