O BNG rexistra unha moción para rexeitar o pírrico investimento na Variante por parte do Goberno central


fomento-preve

Proxecto da Variante

Estes investimentos do PSOE pactados con Unidos Podemos-En Marea son tamén unha labazada aos veciños e veciñas da Estrada.

Os investimentos do Goberno central na Variante da Estrada son pírricos, xa o manifestamos hai poucas semanas. Os 100.000 euros previstos nesta infraestrutura é un insulto para un concello que leva décadas clamando por esta obra que, a pesar da alternancia política no goberno co Estado, nunca se acaba de concretar en feitos claros. Estes investimentos do PSOE pactados con Unidos Podemos-En Marea son tamén unha labazada aos veciños e veciñas da Estrada.

Desde o BNG pedimos nunha moción que vén de rexistrar o noso concelleiro, Xosé Magariños, que as distintas forzas que forman parte do pleno rexeiten claramente estes orzamentos do Estado, instando aos e ás representantes elixidas por circunscricións galegas (do PP, do PSOE e de En Marea) que formulen emenda á totalidade a este proxecto de orzamentos e establezan unha negociación co goberno de Pedro Sánchez que incorpore, como mínimo, un investimento semellante aos investimentos de 2009.

Neste orde de prioridades, o BNG da Estrada sitúa tamén a Variante da Estrada, unha infraestrutura imprescindíbel para o noso desenvolvemento social e económico, que debe ter un compromiso claro por parte do goberno de Madrid, que vaia máis alá dos 100.000 euros para garantir que en menos de cinco anos teñamos esta infraestrutura en funcionamento.

Por outra parte, desde o BNG tamén situamos como prioridade o escate da AP-9 e o compromiso para acabar coa fin da estafa das peaxes. Derrogar a prórroga de ENCE e fixar un calendario para o traslado desta empresa da ría de Pontevedra. O pagamento da débeda do Estado con Galiza en materia de dependencia (186 millóns de euros). Así como o compromiso para activar unha Tarifa eléctrica galega que rebaixe a factura da luz particulares e empresas.