Canto nos vai custar o mantemento da nova Alameda?


Nova AlamedaCanto nos vai custar o mantemento da nova Alameda é algo que se están a preguntar moitos veciños e veciñas. Mais no goberno municipal do PP non o saben, e o que é peor, tampouco botaron contas. O propio alcalde recoñece que a nova alameda vai a precisar mellor mantemento, mais non precisa a súa contía.

É evidente que substituír un chan de pedra por cemento vai ter un custe de mantemento, especialmente despois dos múltiples eventos populares que se viñan celebrando na Praza do Concello. A iso hai que engadirlle os xardíns e todo unha innumerábel lista de elementos que compoñen esta faraónica obra na que o concello vai gastar un total de 3.300.000 euros.

O PP xa nos ten acostumados a obras e proxectos para as que non se ten en conta o posterior custe de mantemento, incluíndo as construcións que o concello recibe doutras administracións e que despois representan unha continua carga orzamentaria para atender o seu mantemento. Iso sen mencionar o custe de facer cargo de obras de execución deficiente como o Novo Mercado, que aínda hoxe ten goteiras, humidades, chan levantado… e toda un serie de deficiencias que ten unha obra, que, como a Alameda, foi un empeño do goberno municipal do PP acabar para as eleccións municipais de 2015. Agora o PP ten entre mans a nova Alameda, e como xa se sabe, as presas non son boas.

Por outra parte, se temos en conta o deficiente mantemento das infraestruturas actuais do concello, á nova Alameda agárdalle un futuro non moi brillante, cuxas consecuencias pagaremos todos os veciños e veciñas. Por sorte, en tres haberá cambio de goberno e o goberno do PP estará na oposición.