O BNG lanza unha aplicación para móbil para recoller suxestións para o programa electoral


suxestións programaNo BNG estamos inmersos na elaboración do programa electoral co que concorreremos ás eleccións municipais de maio, un proceso que xa iniciamos antes do Nadal con reunións e encontros presenciais nos que tratamos temas específicos do rural.

Mais agora queremos estender este proceso a todos os veciños e veciñas poñendo nas súas mans a posibilidade de enviar de xeito doado as suxestións que consideren oportuno para a elaboración do programa electoral. Neste sentido, vimos de lanzar unha aplicación para móbiles Android co que facilitamos este proceso de suxestións. A mecánica é sinxela, só hai que descargar a aplicación do Play de Google, tecleando “BNG” no buscador da tenda de aplicacións ou escanear o código QR da nosa web, das redes sociais ou dos cartaces que imprimiremos nos próximos días. O proceso de envío de suxestións é moi doado. Só se require o nome, o correo electrónico e o texto da suxestión do programa.

A aposta do BNG é estar onde está a sociedade actual e por iso abrimos foros de participación nas redes sociais e a través das aplicacións para móbiles.

Teremos en conta todas as propostas que recibimos e incluiremos no noso programa de goberno aquelas que sexan coincidentes co noso modelo de concello. Está aplicación únese, como ferramenta de comunicación, ás redes sociais que o BNG da Estrada xa ten posto en marcha en Faebook, Twitter e Instagram.