O BNG da Estrada presenta unha candidatura nacionalista, renovada e feminista


Candidatura municipais 2019Unha candidatura que acumula experiencia no traballo social, cultural, político e sindical

A asemblea local do BNG da Estrada aprobou por unanimidade o pasado sábado a candidatura completa coa que nos presentaremos ás eleccións municipais do 26 de maio.

A lista conta cunha renovación dun 48%, veciños e veciñas que se presentan por primeira nunha candidatura municipal do BNG da Estrada, na que ademais, catro das persoas candidatas contan con menos de 30 anos.

No BNG puxemos un especial fincapé en ter unha ampla representación feminista. Así, no BNG presentamos unha candidatura na que por primeira vez hai máis mulleres que homes, 14 e 13 respectivamente; mulleres feministas, algunhas das cales forman parte do colectivo feminista Tabeirós-Deza, que impulsa a eclosión feminista no noso concello.

Por outra parte, a candidatura coa que concorreremos ás eleccións municipais do 26 de maio, hai unha ampla representación de persoas que traballan e viven no rural. De feito, tres das candidatas teñen explotacións agro-gandeiras ou traballan no sector (Adrián Rodríguez González, Iván Álvarez Ramos e Carmen Rei Romeu). E 15 das 26 persoas candidatas viven no rural. Como xa dixemos en moitas ocasións, o sector agro-gandeiro e forestal é clave para para a revitalización do rural, sen os veciños e veciñas que traballan no rural non pode haber un rural vivo.

A nosa cultura e a nosa música, así como a lingua tamén contan cun un peso significativo na candidatura do BNG. Xosé Manuel Nogueira, número 3 da candidatura, forma parte da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea, que é un referente da música tradicional no noso concello. Clara Iglesias Cortizo é activista da lingua galega, escritora e actriz de teatro na nosa lingua. Pablo Carracedo Goldar “Jasper”, é o líder do grupo NAO, un dos grupos máis representativos do actual panorama musical galego. Marcos Otero Paino, tamén é un referente da música galega, formando parte de grupos musicais como Das Kapital ou GalegoZ. E María Porto Carballo e tamén actriz de teatro na nosa lingua.

A sanidade e a educación públicas son outros dos sectores que conta cunha ampla representación na nosa lista. Lourdes Piñon Custodio, Carmen Goldar Ferro, e Silvia Pisos Otero son traballadoras do SERGAS e activistas dunha sanidade pública, universal e gratuíta e contra os recortes do PP.

O BNG presenta unha candidatura nacionalista que acumula, experiencia no traballo social, cultural, político e sindical, á que incluímos o valor engadido da mocidade e o feminismo. Unha candidatura que permitirá enfrontar con garantía os grandes retos que ten A Estrada, como é a recuperación do impulso económico, en especial no sector do moble, a posta en valor do noso patrimonio, o coidado do medio ambiente. En definitiva, a candidatura do BNG permitirá transformar o concello nunha A Estrada nova, verde, integradora, máis xusta e con máis igualdade.

Presentación pública con Luís Bará
O BNG da Estrada organizará o vindeiro sábado 23 de marzo, ás 20 hora, no MOME, a presentación pública da candidatura. Neste acto, aberto a todos os veciños e veciñas da Estrada, contaremos coa presenza do deputado no Parlamento Galego, Luís Bará.

CANDIDATURA:

01. Xosé Magariños Maceiras. A Estrada, 50 anos, licenciado en ciencias ambientais, profesor de ensino secundario, enxeñeiro forestal.

02. Susana Camba Castro. Aguións, 45 anos, traballadora do 112, historiadora, forma parte do comité de empresa do 112 pola CIG, forma parte do colectivo feminista Tabeirós-Deza.

03. Xosé Manuel Nogueira Rodríguez. Figueiroa, 45 anos, profesor de ensino secundario na Coruña, forma parte da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea, así como da executiva de CIG Ensino

04. María Xesús Balo Becerra. A Estrada, 43 anos, forma parte do colectivo feminista Tabeirós-Deza, é sindicalista da CIG.

05. Víctor Pousada López. Matalobos, 37 anos, técnico de administración e finanzas, traballa no Froiz da Estrada, é delegado sindical da CIG.

06. Clara Iglesias Cortizo. A Estrada, 51 anos, profesora de ensino secundario, actriz de teatro, forma parte do colectivo feminista Tabeirós-Deza. Presidenta da Asociación Cultural Vagalumes.

07. Xoán Carlos Villanueva Núñez. Ouzande, 53 anos, traballador da madeira.

08. Lourdes Piñón Custodio. A Estrada, 37 anos, traballa no clínico de Santiago de Compostela.

09. Adrián Rodríguez González. Cora, 29 anos, gandeiro.

10. Carmen Goldar Ferro. A Estrada, 52 anos, traballa no centro de saúde de Forcarei

11. Iván Álvarez Ramos. O Foxo, 25 anos, traballa nunha cooperativa agraria.

12. Silvia Pisos Otero. Figueiroa, 42 anos, traballa no hospital de Montecelo, delegada sindical da CIG.

13. Pablo Carracedo Goldar “Jasper. Cereixo, 39 anos, mestre de educación primaria, músico do grupo NAO.

14. Ana Rodríguez Pereira. Arca, 49 anos, funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar.

15. Lois de la Fuente Vizoso. A Estrada, 24 anos, estudante de FP informática.

16. Nieves García Pérez. Guimarei, 71 anos, xubilada.

17. Marcos Otero Payno. Loimil, 42 anos, técnico audiovisual, músico de Das Kapital e GalegoZ.

18. María Blanco Corral. A Estrada, 49 anos, mestra no colexio de Figueiroa.

19. Carmen Rei Romeu. Berres, 53 anos, labrega.

20. Constantino Regueira Paz. Guimarei, 65 anos, mestre xubilado, responsábel local do BNG.

21. Raquel López Doce. A Estrada, 51 anos, traballadora social no concello de Pontecesures, forma parte do colectivo feminista Tabeirós-Deza, foi tenente de alcalde no mandanto 2007-2011.

Suplentes:

01. Xoán Carlos Castro Blanco. Guimarei, 48 anos, traballador de telefónica, foi concelleiro do BNG.

02. Xosefina Pereira Rivas. A Estrada, 66 anos, mestra xubilada, foi concelleira do BNG.

03. Marcelo Vidal García. Couso, 54 anos, é profesor de ensino secundario.

04. Montserrat López Doce. A Estrada, 50 anos, graduada social, administrativa da CIG.

05. Daniel Garrido López. A Estrada, 25 anos, estudante.

06. María Porto Carballo. A Estrada, 50 anos, licenciada en filoloxía clásica, profresora de ensino secundario, actriz de teatro.