O BNG propón suprimir a praza de asesoría xurídica para reducir gastos


O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, propuxo na comisión de facenda que analiza os orzamentos de 2019 reducir a liña de gasto do goberno municipal. Segundo explicou o concelleiro “non podemos continuar despilfarrando os cartos, é insostíbel”. Entres as propostas de redución do gasto o BNG propón suprimir a praza de asesoría xurídica “que queren crear, xa que hai unha duplicidade, o secretario ou secretaria do concello xa suple perfectamente esa función”.

O concelleiro nacionalista tamén propón que “o concello renegocie coa Xunta de Galiza determinados convenios que están absorbendo recursos propios; o que están facendo os gobernos amigos do PP é pedirlle ao amigo pobre, neste caso o concello, para que lle sufrague os seus gatos”.

“O PP non aceptou as nosas suxestións”, explicou o concelleiro do BNG, “segue coa súa carreira de gastar ao tolo, non son capaces de conter o gasto, porque saben que logo vén a Deputación a sacarlle as castañas do lume, asfaltándolle os viais municipais, que o concello non é quen de facer”.