A mellora do comercio local pasa por revitalizar a economía do concello


Encontro ACOE

Encontro con ACOE

Xosé Magariños, candidato do BNG á alcaldía, e Susana Camba, candidata, mantiveron na tarde de hoxe un encontro coa directiva de ACOE para expoñerlle o programa electoral no que ten a ver co comercio local.

Conscientes da forte crise que sufre o comercio local o BNG poñerá todo o seu empeño en darlle a volta a esta situación de baixos comerciais pechados. Para o BNG a reactivación do comercio local pasa, antes de nada, pola reactivación do tecido produtivo do noso concello, en concreto do agro e da industria e do moble e da madeira, e mais solo industrial público onde se poidan asentar empresas e xerar emprego. Cantas máis emprego se cree máis mellor lle irá ao comercio local.

O BNG aposta pola mellora das contornas comerciais, rehabilitando e humanizando o centro urbano, e por suposto, pola creación de aparcadoiros gratuítos en superficie, clave se queremos que os veciños e veciñas do rural, que se desprazan habitualmente á vila, así como de concellos veciños, teñan onde aparcar os seus vehículos mentres realizan as compras.

O BNG tamén aposta pola fomento do asociacionismo comercial, as feiras sustentábeis, a comercialización en circuíto curto e a programación de eventos e feiras do pequeno comercio local na Fundación de Exposicións e Congresos.

Por outra parte, o BNG tampouco esquece a súa aposta pola modernización do comercio local, coa posta en marcha de tendas virtuais e formación en redes sociais, a través de A Estrada Dixital.