Comunicado do BNG a respecto do accidente da Alameda


O BNG da Estrada desexa unha pronta recuperación do veciño ferido no foso da Alameda e trasladamos todo o noso apoio á familia.

Pedimos ao goberno municipal que tome as medidas cautelares oportunas e unha auditoría de seguranza, así como o valado de toda a Alameda para evitar máis sucesos deste tipo nunha obra que aínda está sen rematar, e na que se poden ver verquidos de auga, ferros ao aire… etc.