O BNG insiste unha vez máis na seguridade da nova Alameda


Alameda da EstradaO BNG estradense a través da súa voceira municipal Susana Camba, insiste na pouca seguridade dalgúns elementos que contén a nova Alameda e insta ao goberno municipal a minimizar os riscos existentes.

Os nacionalistas lembran que xa hai meses foi un tema que a oposición lle prantexou ao sr. López e ao seu goberno pero parece que non lles resultou un asunto prioritario.

Desde o BNG pretendemos axudar a que se implementen as medidas e o seguimento necesarios para reducir ao mínimo os riscos dunha instalación de uso público. E por iso propoñemos que dende o concello se realice un plan de seguridade con respecto ao parque que resultou da antiga alameda. Mentres o goberno do sr. López non o materialice o BNG lémbralle que hai dous elementos cuia protección inmediata resulta máis urxente: un é a fonte, e outro a pista deportiva adaptada á pequena praza da alameda, na esquina Rúa Iryda e Rúa Castelao.

No caso da fonte, a voceira nacionalista considera precisa unha protección que evite unha caída dentro deste elemento ornamentario. E no caso da pista de baloncesto considera absolutamente imprescindible algún tipo de protección que impida a posibilidade de que se produzan accidentes de tráfico por caída dalgún balón na rúa Castelao, e o que é peor, o atropelo de quen trate de recuperalo.

“Calquera obra precisa ser segura para quen a vai utilizar. E na obra da Alameda, primou a estética sobre a seguridade, algo inadmisible en calquera proyecto, máxime se é de titularidade pública. O sr López xa non é un novato na alcaldía, non pode caer nestes erros de principiante. Pero está claro que hai ocasións en que a experiencia non está acompañada de dous dedos de fronte”, declara Camba.

Polo tanto, dende o BNG reivindicamos do do alcalde e o seu goberno, as intervencións precisas que precisa a cidadanía e que, por certo, demostren que gañou as eleccións para gobernar e non para que sexa o BNG quen teña facer o traballo polo que toda a veciñanza lle pagamos.