O BNG denuncia a presenza du vertedoiro en Outeiro, parroquia de Agar


WhatsApp Image 2020-05-25 at 21.08.44

Outeiro, Agar

A concelleira do BNG, Susana Camba, insta ao goberno municipal e poñer en marcha unha política medio ambiental merecente de tal nome

O BNG, por medio da súa voceira Susana Camba, vén de pór en coñecemento da concellería do rural do goberno do PP, a existencia dun grande vertedoiro clandestino que transgride os máis elementais compromisos legais e éticos aos que estamos obrigados co medio ambiente.

O vertedoiro en cuestión, sinala a voceira do BNG “localízase entre o lugar de Outeiro da parroquia de Agar , no punto da N640 onde se sitúa o antigo restaurante dos Dous Lares, camiño da Rocha.”

“Desde o BNG pensamos que proceden desde o goberno municipal accións contundentes fronte a estes despropósitos”, afirma a concelleira do BNG, “o goberno municipal non pode mirar para outro lado, como fai sempre, o respecto ao medio ambiente tamén é cousa do goberno municipal”. “De feito, “ sinala Susana Camba, “o goberno municipal debería ter unha concellería especificamente dedicada ao medio ambiente, non un totum revolutum como o actual onde se mete áreas tan dispares como medio rural, cultura, normalización lingüística e medio ambiente.”

Desde o BNG “instamos ao goberno a que leve a cabo as accións oportunas para eliminar o vertedoiro e trasladalos ao punto limpo para o seu tratamento habitual, e poñer en marcha unha política medio ambiental que vaia máis alá de levar o lixo a SOGAMA”.