Un ano despois das Municipais, López sigue instalado no pasotismo


Susana Camba

A Estrada, 29 de maio de 2020: “López leva un ano máis no cargo de alcalde, mais continúan os mesmos vicios e os mesmos problemas de sempre”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba, logo dun ano das eleccións municipais.

“O goberno de López sigue instalado no pasotismo que caracterizou os mandatos anteriores, un pasotismo que parece que contaxia tamén aos novos membros do seu goberno que non dubidan en desfrutar da praia en Sanxenxo no medio da semana, mentres os problema amoréanse no noso concello”, explica a concelleira nacionalista.

“Sen embargo, os mesmos problemas de sempre están aí”, engade, “non temos solo industrial público, a Cidade do Moble sigue en stand-by, non se abren novas rúas, a recollida do lixo no rural sigue igual de deficiente que sempre, os viais teñen as mesmas fochancas que hai un ano (Santo André de Vea, Vinseiro, Guimarei, Callobre…)… e por suposto, tampouco temos orzamentos, a pesar de estar case no mes de xuño e no medio dunha crise económica sen precedentes.”

A concelleira nacionalista insta ao goberno municipal do PP “a moverse e a traballar polos veciños e veciñas durante todo o mandato, non só dous ou tres meses antes das eleccións municipais”.