Acto público do BNG da Estrada con Ana Pontón


Ana PontónO BNG da Estrada ponse en marcha cara as Galegas de 2020 cun acto público na Praza do Concello o vindeiro domingo 21 de xuño, ás 20 horas, que contará coa candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o cabeza de lista por Pontevedra Luís Bará. Así mesmo, tamén intervirán Susana Camba, que concelleira nacionalista na Estrada, Pablo Carracedo Goldar “Jasper” (foi integrante do grupo NAO, é veciño da Estrada e candidato ao Parlamento Galego), e Ariadna Fernández (veciña de Lalín, veterinaria e activista cultural, candidata ao Parlamento, e perfecta coñecedora das problemáticas agro-gandeiras da comarca).

Con este evento o BNG, onde se explicarán as principais propostas para o noso concello e para o noso país, os nacionalistas porán en marcha a maquinaria electoral coa vista posta no 12 de xullo, onde prevén mellorar os resultados de hai catro anos a nivel local, e co obxectivo de liderar o goberno da Xunta de Galiza. Ademais deste acto, aberto a todos os veciños e veciñas, o BNG da Estrada tamén ten previsto encontros con diversos colectivos do noso concello.

O acto, que será ao aire libre, contará coas medidas de seguranza e distanciamento social previstos na legalidade vixente contra o Covid-19.