A desastrosa recollida do lixo tamén chega a Codeseda


Codeseda

Desde o BNG volvemos a denunciar o desastroso servizo de recollida do lixo no noso concello. Desta volta é na Carballeira de Codeseda que leva varios días sen que se recolla o lixo, en concreto de cartóns e papel. Non só está completo o contedor de papel para reciclar, senón se amorean este tipo de materiais ao seu carón, sinal de que a periodicidade de recollida é demasiado longa para a actividade comercial que se desenvolve en Codeseda.

Instamos ao goberno municipal a actuar con dilixencia e solucionar este desastre que se dá nesta parroquia e a xestionar mellor o servizo de recollida, aumentando a periodicidade alí onde sexa preciso, como é neste caso a parroquia de Codeseda.

Desde o BNG reiteramos a nosa oposición á privatización que planea o goberno municipal, así como a privatización encuberta do servizo, que, como se pode observar, é bastante deficiente, o que demostra que o privado non presta mellor servizo, ao contrario.

WhatsApp Image 2020-07-03 at 13.22.32