PSOE e Podemos boicotean a Variante da Estrada


Susana Camba: “A este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello”

“A Variante da Estrada terá que agardar a termos un goberno central máis receptivo coas demandas dos veciños e veciñas do noso concello”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. “PSOE e Podemos rexeitaron cos seus votos as emendas do BNG para a Variante da Estrada”, engade, “así como a mellora do enlace coa AP-53 no Alto da Rocha e o enlace con Guimarei, Cereixo e Vinseiro”.

“Mais isto non é un boicot o BNG, é un boicot aos veciños e veciñas da Estrada por parte de PSOE e Podemos”, afirma a concelleira. “E a este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello, dá igual que sexan gobernos amigos como inimigos”, engade.

Temos que recordar que o BNG presentou unha emenda que multiplicaba por 100 o orzamentado polo goberno central, “o que de aprobarse daríalle un impulso importante”, afirma Susana Camba, “mais en Madrid, dá igual quen estea, tanto ten PSOE-Podemos, como PP, o goberno central é insensíbel ás demandas dos veciños e veciñas”.