O BNG insta o goberno do PP a acometer melloras na vía do Souto de Vea


Souto de Vea

Susana Camba: “O tramo que atravesa este lugar está inzado de fochancas, algunha de grande profundidade; e reiteramos unha vez máis que é urxente pintar as raias dos asfalto para delimitar ben as zonas de aparcamento e de circulación dos vehículos, así como o paso de peóns”

A concelleira do BNG, Susana Camba, pediu hoxe ao alcalde da Estrada a que tome medidas para solucionar os graves problemas de seguranza vial que afectan ao lugar do Souto de Vea. Segundo explicou a concelleira nacionalista “o tramo que atravesa este lugar está inzado de fochancas, algunhas de grande profundidade, que poden causar graves problemas aos vehículos”. “Cónstanos que o concello ten constancia destes problemas”, indica a concelleira do BNG”, xa que o asfalto leva tempo en moi malas condicións, non só polas condicións meteorolóxicas, senón polo volume de tráfico que soporta, en especial vehículos pesados”.

“O concello que ten arranxar estas fochancas e teno que facer xa”, afirma a concelleira, “é inadmisíbel que este tramo semi-urbano estea nas condicións lamentábeis nas que se atopa”.

Souto de Vea

“Por outra parte”, engade a concelleira nacionalista, “queremos reiterar unha vez máis que o concello ten que pintar as raías deste tramo semi-urbano do Souto de Vea”. “Xa denunciamos en 2020 que o concello tiña completamente abandonado esta vía”, afirma, “se daquela xa apenas se percibían as raías, a día de hoxe a situación é peor”. “O concello ten que delimitar as zonas de paso dos vehículos, as zonas de aparcamento, o paso de peóns,… en definitiva, ten que acometer unha serie de melloras neste tramo municipal e é urxente que o faga”, engade, “o goberno do PP non pode ter abandonado deste xeito un treito polo que circulan a diario centos de coches”.

Souto de Vea