Moción do BNG contra o tarifazo eléctrico

Susana Camba: “É importante que todas as forzas con representación no concello envíen un recado a Madrid de que A Estrada non está de acordo co tarifazo eléctrico aprobado por PSOE e Podemos que saquea os nosos petos para incrementar os beneficios das eléctricas”.

O pasado 9 de Marzo do 2021 o Consello de Ministros, a proposta do MITECO, aprobou o Real Decreto polo que establece a metodoloxía que, xunto coas peaxes do sistema fixadas pola “Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia” (CNMC) na circular 3/2020 conforman a parte regulada da factura eléctrica de cada consumidor ou consumidora.

Esta reforma, xa prevista para o ano 2020 e demorada pola pandemia, entrou en vigor o pasado 1 de xuño. Dende o BNG, indica a concelleira do BNG, Susana Camba “consideramos que esta norma xera un impacto negativo nos consumidores e consumidoras, danos colaterais importantes que deberán levar á reconsideración desta norma, sobre todo tendo en conta que afecta a importantes sectores da poboación que xa están sufrindo as graves consecuencias derivadas do forte impacto económico das restricións impostas pola loita contra a COVID-19”.

Este é o caso do consumo doméstico e nomeadamente daquelas persoas consumidoras adheridas xa con anterioridade ao sistema de discriminación horaria. “Na Galiza hai máis de medio millón de fogares adheridos a esta modalidade”, engade, “que verán como a súa factura experimenta un aumento que pode chegar a superar o 30%.”

“Así mesmo, debe destacarse o impacto que ten en determinadas actividades económicas cunha forte implantación na Galiza como son as pequenas explotacións gandeiras, xa que os horarios do período punta da tarifa coinciden con tarefas de alto consumo enerxético”, afirma a concelleira nacionalista. “Por exemplo”, engade Susana Camba, “se observamos o perfil típico dunha explotación gandeira, veremos que o 40% do consumo concéntrase entre as 8h e as 13h pola mañá e as 18 e 23h pola tarde, xusto o período punta, polo que o incremento medio na factura será de máis do 40%.”

“Ademais, tamén hai outros consumidores cun perfil de consumo semellante ao descrito, como é o da hostalería, xa duramente golpeado pola pandemia, e o resto de PEMES, sufrirán igualmente as consecuencias, pois as súa actividades desenvólvense necesariamente durante as horas de maior custo da enerxía”, afirma a concelleira do BNG, “E todo isto acontece nunha Galiza que exporta electricidade.

“Por outra parte”, indica Susana Camba, “tamén queremos facer fincapé en que non resulta lóxico acometer un cambio normativo deste calibre sen ter en conta outros aspectos da composición da factura cuxo peso é relevante e cuxa necesaria revisión demándase tamén dende amplos sectores da sociedade, como son o importe do imposto especial da electricidade e o tipo de IVE que debe aplicarse, sendo a electricidade un ben de primeira necesidade e non un luxo.”

“Todas estas razóns lévanos a presentar unha moción no concello para que todas as forzas políticas digan non ao tarifazo eléctrico que desde o 1 de xuño sacude os petos de todos os veciños e veciñas”, explica, “é importante mandar o recado a Madrid de que A Estrada non está de acordo con esta medida aprobada polo goberno de PSOE e Podemos que o único que sirve é para incrementar os beneficios das Eléctricas”.

“Por outra parte”, engade a concelleira nacionalista, “con esta moción tamén solicitamos que se reduzan o os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de valor engadido até o 4% e tamén que Galiza conte cunha #TarifaEléctricaGalega, un prezo reducido da luz por sermos unha país exportador de enerxía”. “Non pode ser que as eléctricas enchan os nosos montes de muíños de vento e ao mesmo tempo saqueen os nosos petos”, afirma.

Moción do BNG contra o tarifazo eléctrico

Susana Camba: “É importante que todas as forzas con representación no concello envíen un recado a Madrid de que A Estrada non está de acordo co tarifazo eléctrico aprobado por PSOE e Podemos que saquea os nosos petos para incrementar os beneficios das eléctricas”.

A Estrada, 8 de xuño de 2021: O pasado 9 de Marzo do 2021 o Consello de Ministros, a proposta do MITECO, aprobou o Real Decreto polo que establece a metodoloxía que, xunto coas peaxes do sistema fixadas pola “Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia” (CNMC) na circular 3/2020 conforman a parte regulada da factura eléctrica de cada consumidor ou consumidora.