Codeseda, Souto e Arca: un ano sen televisión ante a pasividade do goberno do PP


Susana Camba: “O que non pode facer o goberno municipal é derivar o problema a outras instancias, neste caso RETEGAL, non pode botar balóns fóra deixando aos veciños completamente desamparados; o goberno ten que ser parte da solución, ten que dar a cara polos veciños e veciñas e polos seus problemas”

As parroquias de Codeseda, Souto e Arcan levan máis dun ano sen poder ver a televisión. A pesar das denuncias presentadas polos veciños e veciñas no concello este problema segue sen resolverse, e o peor é que non hai data para a resolución definitiva deste problema.

A concelleira do BNG, Susana Camba, afirma que “o goberno municipal ten que poñerse as pilas para solucionar este problema, ten que poñer os medios políticos e técnicos para que os veciños e veciñas de Codeseda, Souto e Arcan reciban correctamente todas as canles de televisión”.

“Por outra parte”, engade a concelleira nacionalista, “o que non pode facer o goberno municipal é derivar o problema a outras instancias, neste caso RETEGAL, non pode botar balóns fóra deixando aos veciños completamente desamparados; o goberno ten que ser parte da solución, ten que dar a cara polos veciños e veciñas e polos seus problemas”.

A concelleira do BNG, Susana Camba, explica que esta actitude “pasota” é “a marca deste goberno do PP; non resolven os problemas que son da súa competencia, como pode ser o arranxo de rúas e vías do rural (Avenida de Santiago, por exemplo) ou o pintado dos pasos de peóns, mais tampouco botan unha man aos veciños e veciñas para resolver o que dependen de outras instancias”.

“Desde o BNG da Estrada”, afirma a concelleira do BNG, “instamos ao goberno do PP a actuar e a actuar neste caso para resolver os problemas de recepción do sinal de televisión, que teñen os veciños e veciñas de Codesesda, Souto e Arca”.