A retirada dos contedores subterráneo de lixo é para preparar a privatización do servizo de recollida


Susana Camba: “Esta non é a única actuación, a renovación da flota, con camións cun só operario, o condutor, no canto de tres con era antes, vai nesa liña de reducir custes á empresa adxudicataria con cargo ao erario público”

“O goberno de López prepara o camiño da privatización da recollida do lixo actuando sobre aqueles elementos que podería ser máis gravoso para a empresa adxudicataria. Esa é a intención de fondo que se agocha detrás da retirada dos contedores subterráneos do lixo”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba.

“Esta non é a única actuación”, explica, “a renovación da flota, con camións cun só operario, o condutor, no canto de tres con era antes, vai nesa liña de reducir custes á empresa adxudicataria con cargo ao erario público”.

Para o BNG os problemas técnicos dos contedores do lixo subterráneos “poden arranxarse con mantemento dos dispositivos, persoal e melloras na recollida do lixo”, indica a concelleira nacionalista, “mais López prefire destruír, é o que ven demostrando nas últimas actuacións na Alameda, na Rúa Calvo Sotelo, a fin de contas pagamos todos e todas”.

En contra da privatización

“Desde o BNG da Estrada reiteramos a nosa oposición total á privatización da recollida do lixo no noso concello, anunciada onte polo alcalde para este ano 2022”, afirma concelleira do BNG, Susana Camba. “Cremos que a medio prazo vai supoñer un prexuízo para os veciños e veciñas da Estrada en forma de peor servizo e incremento do recibo, por moito que o alcalde diga agora mesmo que iso non vai acontecer”, explica, “hai exemplos abondo noutras vilas e cidades que apuntan esa dirección”.