BNG convoca reunión informativa sobre o impacto eólico en Sabucedo


O vindeiro xoves 19 o BNG da Estrada organiza unha reunión informativa no Teleclube de Sabucedo sobre o impacto eólico no noso concello. A reunión informativa será ás 20.30h., e contará coa presenza de Luís Bará, deputado no Parlamento Galego, e Susana Camba, concelleira.

Este encontro coa veciños e veciñas é para dar conta das iniciativas que o BNG está a levar ao Parlamento Galego para frear o espolio e a invasión eólica que sofre o noso concello, así como Forcarei e Cerdedo-Cotobade.

Apoio á manifestación

Por outra parte, á marxe das iniciativas políticas, o BNG da Estrada chama a participar na manifestación convocadas en Cerdedo-Cotobade contra eólicos que invaden literalmente os concellos da comarca, como por exemplo o proxecto de Campo das Rosas, As Penizas, Cabanelas, Pedra Longa, Rosa dos Ventos, así como Outeiro Grande, Afrende, Targos ou Castro Valente. Proxectos eólicos que rodean o noso concello por leste, oeste e sur do noso territorio.

A manifestación está prevista para o domingo 22 de maio, ás 12h, na praza do concello de Cerdedo.