A Praza da Feira non pode quedar nunha lameira permanente, urxe unha solución!


Praza da Feira

O alcalde fai o de sempre, botar balóns fóra e escudarse en que foi un proxecto “escollido pola xente” para escorrer a súa responsabilidade. O alcalde é o responsábel, non lle bote a culpa á xente.

Se até a aldea do Rocío en Huelva é unha lameira cando chove, unha Praza da Feira con terra non ía ser menos nun país como o noso onde chove todos os meses do ano. Isto é algo elemental, mais ao goberno do PP pareceulle unha brillante idea facer unha praza de terra, que agora, vistas as consecuencias o alcalde fai o de sempre, botar balóns fóra e escudarse en que foi un proxecto “escollido pola xente” para escorrer a súa responsabilidade.

O alcalde é o responsábel, non lle bote a culpa á xente.

O goberno municipal, e en concreto o alcalde, ten que poñerse a buscar unha solución a esta chapuza. E non pode ocorrer o de sempre, que queda a cousa a medias como na Praza de Abastos, que choveu dentro cando a inauguraron e chove hoxe. Resumindo: unha chapuza.

En todo caso, a empresa adxudicataria debe aportar unha solución definitiva e permanente a esta desfeita. O alcalde ten que esixirlle unha solución.