O lixo amoréase no rural


Santo André de Vea

O lixo dos veciños e veciñas do rural de parroquias como Santo André de Vea ou Moreira, amoréase desde hai unha semana, mentres o goberno municipal do PP segue de vacacións. Os problemas da recollida do lixo, en especial no rural, é un problema crónico que o PP non foi quen de solucionar.

Ao contrario, o goberno do PP parece empeñado en demostrar que a recollida do lixo non funciona para xustificar a súa privatización, un dos obxectivos do Alcalde neste mandato.

Moreira

Desde o BNG da Estrada esixímoslle unha vez máis que se poña as pilas e realice unha mellora na recollida do lixo, en especial no rural para evitar imaxes de contedores saturados e bolsas de lixo ao seu carón porque xa non collen.

Por outra parte, reiteramos a nosa oposición á privatización da recollida do lixo, que planea o alcalde da Estrada. Cremos que o noso concello ten a capacidade para xestionar directamente este servizo, fíxose sempre así e non hai razón obxectiva para que se privatice; de feito, a pesar de que en reiteradas ocasión denunciamos problemas na recollida do lixo, débese única e exclusivamente a mala xestión e iso ten solución doada: cambiar os responsábeis políticos correspondentes.