
Un dos problemas que ten o noso concello, tan extenso en con tantos núcleos de poboación, é precisamente o traslado dos veciños e veciñas do rural á vila, mais o goberno do PP, vai poñer en funcionamento un coche compartido, xusto no sentido inverso á necesidade existente.
O concello da Estrada poñerá en marcha un servizo de coche compartido de balde para toda a veciñanza, mais en concreto, para a toda a veciñanza da vila. Un dos problemas que ten o noso concello, tan extenso en con tantos núcleos de poboación, é precisamente o traslado dos veciños e veciñas do rural á vila, mais o goberno do PP, vai poñer en funcionamento un coche compartido, xusto no sentido inverso á necesidade existente.
O lóxico sería que este coche eléctrico fose un servizo público do concello que servise de transporte dos veciños e veciñas do rural á vila baixo demanda. Obviamente tería que ter un condutor ou condutora, xa que no rural vive moita xente maior que non ten carné ou non está en condicións para conducir. Isto si sería un servizo útil para os veciños e veciñas do rural.
O que propón o goberno do PP semella máis un pasatempo para ir á aldea a facer turismo, que un servizo público.
Desde o BNG preguntámonos que pasaría en caso de accidente. O lóxico é que a responsabilidade civil recaia sobre o concello, é dicir sobre o peto de todos os veciños e veciñas. E logo están os desperfectos que poida sufrir o coche polo uso, quen os asume? O usuario ou usuaria, o concello? Demasiadas dúbidas para un servizo, que desde o noso punto de vista está mal deseñado, xa que, como dixemos podería ser o cerne dun servizo público de transporte baixo demanda, con condutor ou condutora, que traslade veciños e veciñas do rural á vila e da vila ao rural.
Por outra parte, este novo servizo do concello ten máis de acción promocional dunha determinada marca de vehículos, que dun verdadeiro servizo para os veciños e veciñas. Algo, que desde o noso punto de vista, non se debería prestar o concello da Estrada.