
Queremos que A Estrada sexa un referente, queremos que sexa un Concello BNG, queremos que sexa un modelo a seguir como o son hoxe Pontevedra, Allariz, Ribadeo, Tomiño … e tantos os outros.
O BNG da Estrada aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá as eleccións municipais de maio apostando por unha importante renovación no primeiro tramo da candidatura. Así, as tres primeiras persoas da lista, Xoán Reices Villar, Vanessa Iglesias Casal e Ricardo Castro Camba, é a primeira vez que se presentan nunha lista do BNG.
Mais a renovación non só é de caras no primeiro tramo da candidatura, tamén en idade, xa que as tres primeiras persoas que encabezan a candidatura roldan os 30 anos de idade, o que demostra a a aposta do BNG da Estrada pola mocidade como motor da nosa candidatura, que impulsará o cambio político no noso concello.
A candidatura do BNG coa que concorrerá ás eleccións municipais é tamén unha aposta polo rural, non como un parque temático para turistas, senón como un lugar onde vivir e traballar, con servizos equiparábeis aos que teñen os veciños e veciñas da vila. Así, a metade das persoas que conforman a candidatura vive en distintas parroquias do noso rural.
Por outra parte, os compañeiros e compañeiras que conforman a nosa candidatura teñen unha ampla experiencia no activismo social, desde o cultural o cultural e lingüístico, ao sindical e social, e por suposto no feminismo, en permanente contacto coas necesidades dos veciños e veciñas e das súas inquedanzas.
O BNG sae a por todas. Traballaremos nos vindeiros meses coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós para poñer enriba da mesa unha alternativa política que transforme o noso concello. Queremos que A Estrada sexa un referente, queremos que sexa un Concello BNG, queremos que sexa un modelo a seguir como o son hoxe Pontevedra, Allariz, Ribadeo, Tomiño … e tantos os outros.
Queremos un concello do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosas, un concello que desenvolva o seu potencial, que coide do seu patrimonio e poña e valor os seus recursos, e que poña no centro as necesidades das veciñas e dos veciños, empezando polo saneamento do rural e rematando pola mellora e humanización de todas as rúas da vila.
LISTA DA CANDIDATURA DO BNG:
- Xoán Reices Villar, ten 31 anos, é administrativo, psicólogo e actor; veciño de Couso.
- Vanesa Iglesias Casal, ten 36 anos, é enmarcadora, deseñadora de cadros, historiadora da arte. Veciña de Rubín.
- Ricardo Castro Camba, ten 28 anos; biólogo, é técnico de laboratorio na Misión Biolóxica de Galicia.
- Carmen Rei Romeu, ten 57 anos; é labrega e gandeira; e é veciña de Berres.
- Pablo Carracedo Goldar “Jásper”, ten 43 anos, mestre e músico, veciño de San Xorxe de Cereixo.
- Clara Iglesias Cortizo, ten 55 anos, é profesora de secundaria e presidenta da asociación cultural Vagalumes; é veciña da Estrada.
- Sindo Vilamaior Martínez, ten 60 anos, é comerciante e foi presidente de ACOE; veciño de Ancorados.
- Laura Silva Picallo, ten 20 anos, estudante de ciencias políticas e da administración; é veciña de Montillón.
- Xoán Carlos Villanueva Núñez, ten 57 anos; foi traballador de Martínez Otero, onde exerceu de director de ebanistería; pre-xubilado; é veciño de Ouzande.
- María Blanco Corral, ten 53 anos, é mestra de infantil; é veciña da Estrada.
- Víctor Pousada López, ten 41 anos, natural de Matalobos, reside na vila; é traballador do sector da alimentación, membro do comité de empresa de Distribucións Froiz pola CIG e membro da executiva da Unión Local da CIG A Estrada-Deza.
- Lorena Rodríguez Rivadulla, ten 21 anos, é estudante en prácticas de ciencias políticas; é veciña de Moreira.
- Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, ten 49 anos; é profesor de ensino secundario; secretario de organización da CIG-Ensino; é veciño de Figueiroa de Abaixo.
- Carmela Goldar Ferro, 56 anos; traballa de PSX do SERGAS; é veciña da Estrada.
- Toño Blanco Señoráns, ten 38 anos; é coidador nun centro de día; é veciño de Toedo.
- Lourdes Piñón Custodio, ten 41 anos; é traballadora do SERGAS; veciña da Estrada.
- Marcos Otero Paino, ten 45 anos, é técnico audiovisual; é veciño de Loimil.
- Ana Pintos Pérez, ten 44 anos; traballa en Correos, delegada sindical pola CIG. Feminista e activista polos dereitos dos animais. Veciña da Estrada.
- Xosé Manuel Baños García, ten 52 anos, é técnico en redes sociais e informáticas; é veciño de Santo André de Vea.
- Susana Camba Castro, ten 49 anos; traballa no 112; é veciña da Estrada. É portavoz municipal do BNG.
- Xosé Magariños Maceiras, ten 54 anos, é profesor. Veciño da Estrada. Foi portavoz municipal do BNG.
SUPLENTES:
- Xosefina Pereira Rivas, ten 70 anos; é mestra xubilada; é veciña da Estrada; foi concelleira do BNG.
- Lois de la Fuente Vizoso, ten 28 anos, é informático, técnico microinformático en Inforhouse. É veciño da Estrada.
- Raquel López Doce, ten 55 anos; é traballadora social; traballa de docente de secundaria; foi portavoz municipal do BNG da Estrada; é veciña da Estrada.
- Xan Carlos Castro Blanco, ten 52 anos; traballador de Telefónica; é veciño de Guimarei; foi concelleiro do BNG.
- Constantino Regueira Paz, ten 69 anos; é mestre xubilado; é veciño de Guimarei.