
O vindeiro sábado 18 de marzo a portavoz nacional do BNG presentará no Restaurante Samaná a candidatura do BNG da Estrada, encabezada por Xoán Reices. O acto público está previsto para as 12 do medio día e intervirán ademais da portavoz do BNG, Susana Camba (actual concelleira nacionalista), Vanesa Iglesias (número 2 da candidatura) e Xoán Reices (candidato á alcaldía).
O BNG da Estrada deu a coñecer a candidatura das municipais o 24 de de febreiro, integrada por 21 persoas en cremalleira, máis 5 suplentes. A candidatura está composta por homes e mulleres que teñen unha ampla experiencia no activismo social e político, así como no cultural e lingüístico, ao sindical e social, e por suposto no feminismo. Son persoas en permanente contacto coas necesidades dos veciños e veciñas, e perfectos coñecedores da situación social e política da Estrada.
A presentación da candidatura non só servirá para dar a coñecer publicamente os nomes das persoas que integran a lista do BNG ás eleccións de maio, tamén servirá para esbozar as principais liñas programáticas para sacar A Estrada do declive social, económico e demográfico.