O rural da Estrada quere saneamento


Sanear o rural da Estrada non é só unha necesidade en termos medio ambientais, é unha obriga das normas europeas

En 2019 o actual alcalde, José López, anunciaba un plan director para levar o saneamento ao rural da Estrada. Do estudo, a priori algo lóxico para saber que sistema é o máis acaido dado o extenso e diseminado que é o noso rural, nunca máis se soubo, e o que é peor, o PP non ten en mente sanear o rural.

Sanear o rural da Estrada non é só unha necesidade en termos medio ambientais, é unha obriga das normas europeas, mais o goberno municipal do non o ten entre as súas prioridades, a pesar de que é unha das principais demandas dos veciños e veciñas do rural.

Desde o BNG xa levamos tempo reclamando este servizo esencial, por iso, dada a pasividade do actual goberno, reiteramos o noso compromiso co saneamento do rural e será unha das nosas prioridades nos primeiros 100 días de goberno. Sabemos que a tarefa será titánica, xa que o 80% das parroquias da Estrada non teñen saneamento, mais o noso compromiso é presentarnos ás eleccións dentro de 4 anos con, como mínimo, dúas parroquias saneadas. O rural é algo máis que desbroces e asfaltados, o rural da Estrada quere saneamento.