Comprometidos co desenvolvemento económico do noso concello


Polígono de Toedo

A ampliación do polígono industrial de Toedo leva no programa do PP desde 2011, mais a día de hoxe as dimensión deste enclave industrial son as mesmas que entón. O polígono non medrou un só metro. Desde o BNG queremos mudar esta situación, comprometéndonos a que no vindeiro mandato a que o noso concello incrementará o solo industrial público de xeito notábel.

No actual contexto socioeconómico a maior preocupación social, e A Estrada non é unha excepción, é a creación de postos de traballo, unha tarefa na que, aparentemente, están implicados os gobernos, desde o municipal ao estatal, pasando pola Xunta de Galiza. Neste sentido, o noso concello debe de contribuír na súa medida a acadar ese obxectivo, tomando as medidas necesarias para dotar de solo apto para a instalación de industrias na Estrada con carácter urxente, xa que está esgotado o terreo dispoñíbel no polígono de Toedo e paralizado o proxecto da Cidade do Móbel.

Por este motivo desde o BNG comprometémonos a xestionar directamente a ampliación do polígono industrial de Toedo como medio de garantir a obtención de solo industrial a prezo asumíbel para as empresas, evitando a especulación. Neste sentido, iniciaremos xa os trámites para a compra e urbanización do terreo de xeito progresivo, pero adiantándonos sempre á demanda, non delimitar previamente a superficie das parcelas, senón poñer á venda os metros cadrados que se adecúen ás necesidades das empresas, e xestionar con outras administracións (Xunta) a edificación de naves que en réxime de alugueiro estean a disposición do empresariado ou persoas traballadoras autónomas que non dispoñan do capital necesario para mercar unha parcela e construír unha nave en propiedade.

A falta de solo público é unha das razóns polas que o noso concello está a piques de baixar dos 20.000 habitantes. A ampliación do polígono industrial de Toedo leva no programa do PP desde 2011, mais a día de hoxe as dimensión deste enclave industrial son as mesmas que entón. O polígono non medrou un só metro. Desde o BNG queremos mudar esta situación, comprometendonos a que no vindeiro mandato a que o noso concello incrementará o solo industrial público de xeito notábel.