
Queremos que a Torre e o Pazo de Guimarei, así como a casa de Marcial Valladares, pasen a ser propiedade pública
Ao longo dos últimos 12, o goberno do PP de López non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio. A Torre e o Pazo de Guimarei é un exemplo, cuxo compromiso deste partido non pasa máis alá que de plasmalo no seu programa electoral. Pero de aí non pasan. Outro tanto poderíamos dicir da pérgola da Alameda que languidece na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.
No BNG xa temos manifestado por activa e por pasiva que conseguir que a Torre e o Pazo de Guimarei pase a propiedade pública é un dos nos principais obxectivos de termos responsabilidades de goberno. Queremos sacar ambos edificios da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada.
Mais no BNG tamén poñemos no foco das nosas prioridades a adquisición da casa de Marcial Valladares, en Vilancosta, na parroquia de Berres. A casa do autor da novela “Maxina ou a filla espúrea” cremos que pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense.
Para saber a onde imos temos que saber de onde vimos. Se non coidamos o noso patrimonio o noso concello dará voltas sen rumbo. No BNG queremos que A Estrada camiñe cara o futuro con rumbo certo.