Apostamos pola seguranza vial nas aldeas e parroquias


O primeiro que faremos será facer un estudo para identificar aqueles lugares onde haxa un especial perigo para os veciños e veciñas para posteriormente comezar a construción de espazos seguros para que poidan desprazarse ou mesmo facer deporte no rural

Un dos grandes problemas que hai nas parroquias e aldeas do rural é a seguranza vial. Camiñar entre unha aldea e outra é un deporte de risco, xa que a maioría das aldeas non contan con beiravías para que as veciñas e veciños poidan facer os seus desprazamentos a pé con seguranza.

No BNG somos conscientes da tarefa titánica que supón dotar de beiravías ou sendas peonís o noso rural, con todo, se temos responsabilidades de goberno o primeiro que faremos será facer un estudo para identificar aqueles lugares onde haxa un especial perigo para posteriormente comezar a construción de espazos seguros para que os veciños e veciñas poidan desprazarse ou mesmo facer deporte.

A veciñanza da Estrada merece máis, merece que se lle trate igual que a veciñanza da vila.