Impulsaremos e melloraremos o servizo público de recollida do lixo


O servizo de recollida do lixo é moi deficiente, especialmente no rural, onde se amorea o lixo días e días. Este é un feito, no é opinábel, a recollida do lixo, xunto coas fochancas das estradas é motivo recorrente de queixas entre os veciños e veciñas do rural estradense.

O PP xa anunciou que ía privatizar o servizo, disque así funcionaría mellor e sería máis eficiente. A realidade é que o PP de López, que aínda non deu o paso a privatizalo oficialmente, si o está facto, xa que o servizo de recollida do lixo, así como o punto limpo, está xestionado pola empresa GESECO.

Desde o BNG xa anunciamos por activa por pasiva que imos a opoñernos á privatización da recollida do lixo. E se temos responsabilidades de goberno comprometémonos a non privatizar o servizo e a mellorar a recollida no rural, levando tamén ao rural a recollida selectiva de papel e vidro. Non é de recibo que os veciños veciñas do rural teñan que traer á vila o papel e o vidro para poder depositalos nos contedores correspondentes. O rural ten que ter os mesmo servizos que a vila.