Os novos valores musicais da Estrada merecen unha oportunidade


Organizaremos o premio “Carlos Barruso” de música, así como un festival de música jazz, que se convirta nunha referente para os novos valores deste estilo de músical

A divulgación da cultura e a música debe ser unha das prioridades do novo goberno municipal que saia a partires do 28 de maio. Cremos que na Estrada hai potencial, hai unha canteira importante de novos valores con talento á que lle hai que dar unha oportunidade e ten que contar co apoio da administración pública.

Neste sentido, desde o BNG queremos dar pulo a toda unha nova xeración de músicos que pide paso, e, se tempos responsabilidades de goberno, organizaremos o premio “Carlos Barruso” de música, así como un festival de música jazz, que se convirta nunha referente para os novos valores deste estilo de músical e que se desenvolverá nas prazas e zonas comúns da rúa nos seráns do verán.

Carlos Barruso viviu por e para a música, unha pasión que se transmite ás novas xeracións a través do obradoiro que leva o seu nome, que desenvolve unha importante labor de divulgación e formación musical no noso concello. Entendemos que o goberno municipal debe ter unha implicación maior, por iso propoñemos desde o BNG a celebración deste premio e o festival de jazz.